19/11/2007

20:30

Auditorio Ourense

XARES: O RÍO QUE NOS LEVA.

 

FICHA TÉCNICA:

  • Formato:  Longametraxe
  • Xénero: Historia e Biografía
  • Modalidade:  Documental
  • Convocatoria:  Producción
  • Formato gravación: HD
  • Duración: 55 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Orzamento:  67.800€
  • Subvención concedida:  12.000€
  • Ano de produción:  2007
  • Ano de subvención:  2007
  • Email: pradablanco@mundo-r.com
  • Data inicio rodaxe: 03/03/2007
  • Data fin rodaxe: 26/08/2007
  • Data estrea: 19/11/2007

 

Comentario sobre o documental:

 

Xares, o río que nos leva é un documental que explica a historia dun pobo da montaña ourensán chamado Alberguería que hai 50 anos desapareceu en prol do progreso hidroeléctrico?  e por unha concesión que as autoridades franquistas autorizaron no río Xares. A empresa que fixo a presa foi Moncabril que no 1959 fixo a presa de Vega de Tera, que se veu abaixo e deixou 128 mortos no pobo de Ribadelago (Ver a historia nesta misma páxina web).

Pedro Prada, realizador de Xares, o río que nos leva, recupera a memoria fotográfica e visual dunha vila e combínaa cun testemuño abrumador e actual dos veciños que aínda viven, sobretodo no Barco de Valdeorras e comarca; persoas nunha diáspora obrigada e sen un lugar ao que retornar. Trátase dunha produción que quere contribuír a un debate social enriquecedor nun intre no que a sociedade galega parece poñerse ao día no modo de aproveitar os recursos naturais. O canon hidráulico, a revisión do prazo destas concesións e o traspaso a Galicia da cunca Miño-Sil serían en parte un tardío tributo de recoñecemento ás xentes de Alberguería e a todos os que foron arrollados polos ríos.

O 19/11/2007 foi proxectado o documental no Auditorio de Ourense, con asistencia de moito público, realmente foi un cheo absoluto da sala. Había moita xente de Alberguería, algunhos que aparecen no documental e foi unha festa da xente que veu expresamente dende o Barco para ver o estreno.

Enhoraboa os organizadores, e enhoraboa pola calidade do documental, moi emotivo en xeral.

 

---o---

Como curiosidade esta foi a invitación que recibiu o webmaster na páxina web sobre Alberguería:

1.- Pulsar este link e imprimir a tarxeta de invitación.

2.- Chamar o teléfono 981.66.07.64 para confirmar a asistencia o mesmo.

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír.