Os comenzos de Alberguería.

                                            Secundino Lorenzo Fdez.      (Fontes  A Gran Historia de Galicia. Tomos 1 a 4. La Voz de Galicia entre outros).

 

Iglesía de Alberguería ano 1950,  máis tarde foi desmontada e pedra a pedra foi  trasladada a 50 km. a Vega de Cascallá, onde está actualmente; a iglesia actual, ten poucos parecidos coa antiga,  salvo no aspecto exterior.

A iglesia tiña na parte de atrás o símbolo dos templarios,  como se pode ver na  fotografía; símbolo que está hoxe na nosa bandeira.

       

           Realmente dos comenzos de Alberguería sábese moi pouco por non decir nada. A primeira referencia que se ten, polo menos que eu sepa, data do século XIII nun documento de Tumbo negro e no que fala da Orden de San Xoan de Xerusalem, documento do que fala Antonio Castro Voces noutro apartado desta historia.

Antes do século XIII teño moi poucas referencias, pero vou facer uso delas. O que sigue trata de encher un pequeniño anaco deses anos...

 

A prehistoria:

      En Galicia como se sabe, debido as condicións ácidas do solo, que descompón rápidamente os restos orgánicos, non aparecen fósiles humáns de épocas prehistóricas, polo que o único rexistro para coñecer a historia dunha bisbarra e dunha época determinada son os puramente arqueolóxicos,  restos realizados pola man humana así como bifaces,  restos megalíticos como as mámoas, petroglifos, machados, restos de casas, etc.

              Qué restos hai na bisbarra de Alberguería?.

Fagamos un percorrido polos distintos períodos da prehistoria e o mesmo tempo iremos vendo que temos na nosa bisbarra.

Nota para entender as cronoloxias : B.P. ven das palabras inglesas "Before present"  e quere decir antes do presente, tomando o ano 1950.  Despois hai a.C. antes de Crito e d.C. despois de Cristo que xa é moito máis coñecida. Tamén se utiliza m.a. cando se fala do homo Sapiens por exemplo, neste caso m.a. quere decir millóns de anos. Así decimos Homo Sapiens dende 40.000 ou 35.000 B.P. ata hoxe.

    

        O Paleolítico (para entendernos pedra vella, tallada ou pedra lascada)  é a primeira época da prehistoria e  comprende o período que vai dende a aparición do home ata o fin das glaciacións. Nesta etapa hai pequenos grupos humáns que se dedican a vida nómada e a caza.   Divídise en tres partes inferior, medio e o superior. Estamos falando de fai 2.000.000 B.P. anos, nada menos. No paleolítico medio, polo menos a nivel europeo, é a epoca na que predomina o Homo Sapiens e na que aparecen os asentamentos e outras manifestacións. Desta etapa son os bifaces atopados na bisbarra de A Veiga.      

            Do Paleolítico Medio hai na nosa bisbarra dous bifaces que se conservan no Museo  Arqueolóxico de Ourense e dos que teño solicitado oficialmente a fotografía. Un deles foi atopado en Meda trátase dun Bifaz ojivo triangular con talón esquisto de 12,8 cm. de lonxitude, cunha anchura de 7,9 cm. e unha altura de 4,1 cm. Sería parecido o segundo pola dereita na fotografía do Museo de Villalba.

Bifaces do Museo de Villalba. Fotografía sacada de internet, deste link.

Bifaces do Museo Arquelóxico-Provincial de Ourense. Fotografía sacada deste link.

          Tamén do Paleolítico Medio é o outro Bifaz que se conservan no Museo  Arqueolóxico de Ourense e dos que teño solicitado oficialmente outra fotografía. Foi atopado tamén  en Meda trátase dun Bifaz lanceolado cuarcita de 9,4 cm. de lonxitude, cunha anchura de 6 cm. e unha altura de 2,8 cm. Sería parecido o que se ve na  esquerda por riba do paño vermello.

 

Trátase de pezas da prehistoria con dúas caras (bifaz), e que xeralmente termina en punta e son de base redondeada para coller como se ve no dibuxo. A aresta é como un fío cortante.

Pequena aclaración sobre os bifaces.

Son as primeiras ferramentas prehistóricas e podían ser: circulares, elipticas, triangulares, lanceoladas e un longo etc. A primeira é lanceolada e esta é  triangular..

Realmente eran como a "navalla suiza", servían para todo: cavar, cortar, raspar, perforar, golpear, etc.

Os materiais eran duros o máis duro posible como os coios de cuarcita, cristal de roca, silex,  etc. Para profundizar ver este link.

Fotografías dos bifaces de Meda:

As fotografías son  propiedade do Museo Arqueolóxico Provincial De Ourense, calquera uso da fotografía debe facerse con permiso documentado polo propio Museo.

Bifaz de Meda ( A Veiga - Ourense) trátase dun Bifaz ojivo triangular con talón esquisto de 12,8 cm. de lonxitude, cunha anchura de 7,9 cm. e unha altura de 4,1 cm.

A esquerda unha cara e a dereita a outra.

Este Bifaz está actualmente no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

 

Foi atopado tamén  en Meda ( A Veiga - Ourense)  trátase dun Bifaz lanceolado cuarcita de 9,4 cm. de lonxitude, cunha anchura de 6 cm. e unha altura de 2,8 cm.

A esquerda unha cara e a dereita a outra.

Este Bifaz está actualmente no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

           ------------------------------------------

          O Mesolítico (tamén chamado epipaleolítico) é a transición do Paleolítico ó Neolítico, cando baixan as temperaturas e aparecen máis animais. Nesta étapa non hai restos na bisbarra de Alberguería. Estamos falando sobre o ano 6.000 B.P. para o final desta etapa.

         O Neolítico (para entendernos pedra nova, pulida) é a etapa na que  rematan as baixas temperaturas o que favorece a aparición dos primeiros agricultores e gandeiros. Tampouco nesta etapa hai restos na bisbarra de Alberguería, salvo o final coa aparición das mámoas.

         O Calcolítico é a etapa na que se inician as técnicas metalúrxicas e a ceramica que vai dar lugar a intercambios. Tamén desta etapa temos o inicio da cultura megalítica (sitúanse na etapa dende o neolítico final , 3.000 e 2.500 B.P. ata o Calcolítico, pero hai distintas teorías na súa aparición cronolóxica),  representada entre outras cousas polas mámoas das que si temos representación na bisbarra.

           Hai algúns restos megalíticos  que demostran que naqueles tempos remotos vivían nesta bisbarra algunhas familias. Son bastante significativos os restos, por exemplo, de enterramentos, as típicas mámoas, aparecidas en moitos montes da zona como por exemplo dúas  moi preto do pobo de Meda, o Conxunto de mámoas  A Pedra Má que aparece no mapa e fotografías de abaixo, e tamén o Conxunto de mámoas As Pouliñas, tamén de Meda e a 1,5 km. das anteriores, entre outras...

Mapa da bisbarra de Alberguería, onde se ven os lugares onde está, entre outros, os posibles castros, aquí chamados castelos,  e tamén  as Mamoas de Meda, o que se chama Conxunto a Pedra Má. A un 1,5 kms. están tamén as mámoas de As Pouliñas tamén de Meda.

Subindo a Pedra Má, sacou Mako esta fotografía o 19/10/2008. Vese Oleiros, a isla Preboubo e o Piorno onde está esa canteira que afea moita a paisaxe. Moitas gracias.

Unha das mámoas de Pedra Má. Un conxunto que según Mako está "a monte" e nada coidado; de  feito non veu nada convencido do seu traballo. A mín gústame. Repito: moitas gracias.

 

Dibuxo dunha mámoa ou medoña.

--0--

Como se fai unha mámoa?

Aclaración :  Esquema dunha mámoa ou medoña.

Nos dibuxos da esquerda hai unha mámoa (túmulo) que ten unha anta (cámara mortuoria) no interior. Trátase dunha maqueta para facernos unha idea. Tamén se chaman medorras. A maioría é un casquete esférico e dentro ten o lugar de enterramento ou anta. Era sin lugar a dúbidas lugares de enterramentos ou monumentos funerarios. Por supostos hai varios tipos. A medida oscila entre os 15 a 30 metros de media, observar o home que hai a dereita.

O dibuxo é de E. Ramil Rego.

No segundo dibuxo vese como se fai a construción dunha mámoa, unha vez que se achegan as pedras e se poñen os andamios para logo cubrilo todo. Lóxicamente debido a falta de medios interviña moita xente. Primeiro facíase unha gabia na cal vai espetada a lousa principal ou rocha nai, logo póñense as outras lousas. A misma terra que se extraía para facer a anta logo usase para cubrilo todo. Finalmente cubríase todo de terra e pedras e finalmente púñase a pedra protectora, ou tellado,  da anta.

Nas mámoas enterraban os mortos, pero non se atopou nunca restos humáns: xa se sabe, terreos ácidos que rematan con todo, entre outras cousas.

 

        Finalmente, temos a  Edade  do Bronce está dividido según varios autores en inferior (1800-1500 a.C.), Medio (1500-1200 a.C.) e superior (1200-500 a.C.), neste período antecede a edade do Ferro (Final da edade do Bronce ata a cultura dos Castros incluida). Decir simplemente que deste período é cando se obtén o Bronce, como aleación entre o cobre con estaño que vai dar lugar a armas como os machados e os moldes que se ven na fotografía seguinte. Tamén hai moitas xoias e cerámicas campaniformes.

         Atopáronse restos de manifestacións artísticas da edade do Bronce e do Ferro, como petroglifos (non moi lonxe de Alberguería en Valdegodos e Petín).

          Preto de Alberguería atopouse un machado que ten as seguintes dimensións:  unha lonxitude de 16,3 cms, un peso de 280 grs., unha anchura de 4,9 cms e unha altura de 1,35 cms. Está feito de bronce e atópase actualmente no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Trátase dun machado plano con dous apéndices laterais perto do talón. A sección é rectangular que se vai adelgazando progresivamente. O machado está situado na edade do Bronce Medio.

Machados do Museo Arquolóxico Provincial de Ourense. Fotografía sacada de internet, deste link.

         Teño solicitado o poñer a fotografía do machado,  atopado na Veiga,  nesta páxina web. O día 21/11/2008 déronme permiso para poñer a fotografía solicitada; este é o texto:

      Ver o machado recollido por Cuevillas no ano 1.954 en A Veiga. A fotografía é propiedade do Museo Arqueolóxico Provincial De Ourense, calquera uso da fotografía debe facerse con permiso documentado (neste caso de novembro de 2008, con citación expresa do uso da fotografía,  para a Páxina Web de Alberguería, http://www.albergueria.es ) do museo citado:

Machado de A Veiga, Cuevillas 1954.  Referencia CE003874. Edade do Bronce Medio. Bisbarra de a Veiga. Datos técnicos: lonxitude de 16,3 cms, peso  280 grs.,  anchura de 4,9 cms e altura de 1,35 cms.

A outra cara do machado anterior.

 Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Datos técnicos expostos a esquerda.

-----------------------------------

           Preto de Alberguería, no concello de A Veiga e no pobo de A Ponte hai unha casa que se chama a "Casa dos Baqueiros" que presenta uns relieves que representan escenas de caza e que datan seguramente, non está probado,  da época anterior a romanización da bisbarra. Normalmente este tipo de representacións con escenas de caza, armas, etc. sitúanse da edade do Bronce para adiante.

           O pobo de A Ponte está situado a 13 kms. xustos do antigo pobo de Alberguería, por suposto en liña recta.

Casa dos Baqueiros. A Ponte. A Veiga. Ourense

Estos son os relieves que aparecen nunha das paredes da casa. Son figuras de caza,  entre outras.

Nesta fotografía de Juan Carlos Alvárez vense as pedras do can, a  pita,  e outro xinete.

            Poden perfectamente ser os típicos petroglifos. Seica, según moitos autores, os grabados rupestres serian realizados por algunhas comunidades campesiñas, asentadas no noroeste durante o desenvolvemento da etapa inicial da metalurxia. A temática xeral  é moi variada e vai dende alabardas, puñais, combinación circulares e laberínticas, espirais, equitación, cervos, serpes, cazolas, figuras humáns, cilindros, pegadas de pe, paletas, esvásticas, etc.

     Dende o punto de vista anterior nos grabados da "casa dos Baqueiros"  vese perfectamente un cabalo con xinete incluido, aparte dun can ou lobo, unha pita ou similar, outro cabalo e unha especie de roseta. O que pasa é que noutra pedra vese unha cruz típica latina e unha palabra "sobii" que non está dentro dos grabados rupestres precisamente...

Nesta outra  fotografía de Juan Carlos Alvárez vense as pedras coa palabra e a cruz latina.

           Quero pensar que estos grabados estuveron noutro lugar e cando se fixo a casa viñeron a formar as paredes que se ven. De calquera xeito no lugar fálase da súa antiguedade, miles de anos dicen as xentes de A Ponte,  e da necesidade dun estudio a fondo que determine si realmente se trata duns grabados antiguos mezclados con outros posteriores.        

E pare vostede de contar, polo menos eu descoñezo outros restos,  inda que por suposto é a miña intención completar, si é posible,  este apartado. Seguro que algún lector pode aportar e está disposto a completar este pequeno apartado desta páxina web. O meu correo é sloren@edu.xunta.es.

 

A cultura Castrexa:

       Para investigar un pouco que pasou na zona antes de que viñeran os romanos, qué xente había nestas bisbarras?,  temos que acudir precisamente a eles, Estrabón, Tolomeo  e sobre todo Plinio, eles son os que escriben sobre o que se atoparon cando chegaron a estas terras. Estamos falando do ano 73-74 d.C.

       Plinio fala de tres grandes comarcas, que chama conventos xurídicos (ver no mapa) e que son o Asturicense, o Lucense e o Bracarense, cada un coa súa capital Asturica augusta(Astorga), Lucus Augusti (Lugo) e Bracara Augusta (Braga).

Este é o mapa dos conventos xurídicos

Este é o mapa de algúns dos pobos que habitaban estos conventos en total 61 pobos distintos dos que soio se conservan 48 nomes.

Fontes do mapa e das ideas: "A Gran historia de Galicia". A Cultura Castrexa. Tomos 3 e 4,  escrito por Jose Manuel Caamaño Gesto. La Voz de Galicia.

                No segundo mapa aparecen os Gigurros que son os primeiros pobladores da comarca de Valdeorras, da misma maneira que os Tiburi poblaban Trives e os Nemetas o Bolo e polo tanto a zona de Alberguería (soio a 5 km.) que é o que nos interesa.

No mapa que sigue reflexo esta circunstancia:

Mapa actual sobreescrito os nomes dos pobos que habitaban a zona. Elaboración propia.

 

¿Quenes poboaban Alberguería e a comarca ?

        Os primeiros poboadores de Alberguería, dedución miña por proximidade,  foron os Nemetas. A súa capital era Volobriga, que non teño nin idea onde estaba, pero seguro que non moi lonxe de O Bolo actual.

Pero ¿qué sabemos dos antepasados dos veciños de Alberguería?.

 

No dibuxo vese unha reconstrución hipotética do sector norte do Castro de Santa Tegra feita por J. Luaces e Dideas.

Castros parecidos seguro que había na zona de Alberguería. onde aproveitarían de forma marabillosa a calidade da pedra que hai na bisbarra...

O castro non sería moi distinto do que aparece na fotografía de abaixo.

Na fotografía o Castro de A Guarda.

 

Onde vivían?:

        Pois a maioría vivían en castros, que normalmente eran recintos fortificados, con tendencia circular e asentados en lugares elevados. Os castros son comúns en toda Galicia, pero hai menos conforme se gaña en altitude.

Os puntos negros son castros recoñecidos na fotografía aérea en Galicia, observar que na zona de Alberguería, en vermello, hai moi poucos, ademais algúns están recoñecidos con dúbidas.

          En Alberguería e moi preto de onde estaba o pobo,  hai uns castelos que tiñen toda a pinta de que foron  asentamentos ou castros, de feito o castelo de Alberguería albergou xente en algún momento e tamén o da Mayada :

Castelo de Alberguería, preto de Oleiros. Ver a súa historia neste link da páxina.

Fotografía do pobo. 1950 onde se ve o Castelo de Alberguería.

Castelo ou castro da Mayada, moi cerca de Prada e de Alberguería. Fotografía de Juan Carlos Álvarez. Ver este link.

Castro da Mayada, moi cerca de Prada e de Alberguería. Fotografía de Juan Carlos Álvarez. Ver este link.

       Recentemente, chega a mín a noticia , outubro de 2012, de que o arqueólogo Juan Manuel González Carballo,  fixo o catálogo  dun Castro en terras de Prada, concretamente na zona dos Cabeceiros, ou sexa moi perto de onde estaba Alberguería. A 900 metros en liña recta do Castelo de Alberguería.

Este  catálogo está inventariado na Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.

Remito a información destes datos o seguinte link:    http://pradaweb.blogspot.com.es/2012/10/el-castro-de-os-cabeceiros-en-prada.html

Estos son os datos do Castro:

Castro dos Cabeceiros. Terrenos de Prada (A Veiga-Ourense).

Código de Identificación: GA 32083031.

Localización:

  • Nome do xacemento: CASTRO DOS CABECEIROS
  • Provincia: OURENSE
  • Concello: A VEIGA
  • Parroquia: PRADA
  • Lugar: OS CABECEIROS
  • Nº de Folla (1:25.000): 228-II Nº de Cuadrícula (1:5.000): 228-15
  • Proxección U.T.M. H29T ED50: 663807, 4686724.
  • Altitude: m.s.n.m. 1108 metros
Descripción de accesos: dende a Veiga hai que empregar a estrada que vai a Prada. Ó chegar a Prada, no cruce desta estrada coa que se dirixe ó Barco sae unha pista de terra estreita á dereita. Este camiño leva ata preto do castro. O firme desta pista atópase en moi mal estado con tramos complicados polo cal somentes pasan vehículos de boa altura ó chan. O percorrido ó castro é de uns 2 km pola pista e de algo menos polos atallos que hai no monte aínda que neste caso o acceso é difícil.
 
Caracteristicas do emprazamento:  
  • Emprazamento topográfico: En ladeira suave nun pequeno descanso orográfico..
  • Utilización do entorno: Monte baixo e aproveitamento cinexético e gandeiro.
Estado actual:    
  • Vexetación: Cuberto de vexetación arbustiva xestas, uces e fentos misturados con gramíneas, toxos nas áreas máis escarpadas.  
  • Destruccións e alteracións: Non se aprecian alteracións, bo estado de conservación das defensas.
  • viisibilidade: para as estructuras defensivas é boa-media, no resto do emprazamento e media –baixa. 

     
    Características do enclave: a fortificación atópase situada nunha ladeira sobre un pequeno promontorio rochoso. Ten como defensas dous recintos amurallados completos con terraplens e foxos (dobres polo norte). Murallas de 2,5 a 3 metros de espesor e preto de 4 m de altura conservada na cara norte, feitas en cachote de pedra local (granitos e xistos) e cun recheo de terra, algúns restos moi miudos de pizarra completan os materiais á vista. Outra muralla parcial pouco apreciable cecáis dobre polo norte que é a zona de máis doado acceso. Malia atoparse en pendente está é moi levadeira de feito que tivo que reforzarse a defensa norte, leste e oeste con grandes traballos de construcción. A cara sur cecais teña tamén importantes obras aínda que nesta primeira aproximación non nos foi posible inspeccionar todo o recinto.

     
    Descoñecemos o acceso orixinal ó poboado. Cara o leste ábrese un amplo espacio cáseque de chaira no que foron feitas varias terrazas aínda que non as podemos situar cronolóxicamente. A provisión de auga está asegurada polos regatos que baixan das montañas e na actualidade non hai que andar máis de 200 m. para atopar auga, os nacentes destes regos tamén se atopan próximos. 
     

    As dimensións estimadas son de 110 m no eixo N-S e 150 m no eixo O-L. A superficie interior sen contar os foxos e de preto de 10000 m². ó norte do castro cara a pista hai un amoreamento de pedras moi próximo, que se semella pola súa estructura, ás chamadas mámoas de Meda xa que incluso conta cun “foxo” centrado. Como as mamoas de Meda semella un amoreamento producido pola labranza das terras e non o relacionamos cun elemento arqueolóxico prehistórico.
     
    Contexto arqueolóxico: os xacementos máis próximos que atopamos no contorno son o Castro de O Castelo e as Mámoas de Pedra Ma, situados ambos ó sur do castro que nos ocupa.

     

Estas son algunhas fotografías tomadas do Blog xa especificado:

Mapa de situación do Castro de Prada, catalogado por Juan Manuel Glez. Carballo no 2009.

Plano do Castro.

Fotografía do Castro.

Visión aérea do Castro.

Vista da zona de Alberguería dende o Castro.

 

Para ampliar estos datos visitar este link: Castro de Cabeceiros.

Link realizado polo autor do traballo.

-------------------------------

 

Máis datos do Concello de A Veiga.

 

       Hai restos de poboados castrexos en Castromao e Castromarigo os dous lugares tamén preto de Alberguería e dentro do Concello de A Veiga. Ver no mapa onde están situados estos pobos, a menos de dez kms. de Alberguería.

        

Tamén preto dos pobos de Xares e Seoane no Concello de A Veiga e por tanto non moi lonxe de Alberguería hai restos de castros concretamente no Alto da Escrita (1.143 m) existiu un lugar funerario e nese lugar están os castros que se chaman O Castro e O Casquete.

Seica hai tamén castros en Corzos, o Castro das Corbaceiras; en Espiño o Castro das Mourinallas; na Lamalonga o Castro de Lama Redonda;  e en Requeixo o Castro das Caborcas.

Outro castro non moi lonxe de Alberguería, soio dez kms.,  pero fora do Concello de A Veiga é o Castro de Bois. Ver o mapa de situación e unha fotografía do asentamento.

Castro de Bois, a dez kms. de Alberguería,  xunto o pobo de Cambela e preto da Comarcal 533 que vai de Viana a Rúa. Un claro exemplo dun castro.

Castro de Bois. Fotografía cedida para esta páxina web por Mako.

 

         A cultura castrexa pódese situar na primeira mitade do século IV a.C. e iría ata o século I d.C. Os interesados nesta cultura poden consultar a bibliografía citada (A Gran historia de Galicia nos voluméns 3 e 4, Ocupación do territorio e cultura material e Economía, Sociedade, Relixión e Arte. que tratan de forma moi extensa os temas dos castros e todo o que o rodea).

       Os castros anteriores cumplen dúas condicións típicas: unha a visibilidade do entorno cara a defensa do territorio e dúas o estar situadas preto de lugares con posibilidades de cultivos, pastoreo e caza. En Alberguería, había que sumar as posibilidades anteriores outra máis,  xa que a zona tiña unha pesca importante no río...troitas e anguías non faltaban dende logo, hai constancia posterior delas...

Esta era unha casa típica dunha casa dun castro.

      Os castros eran en realidade pequenas cidades e neste senso non faltaba de nada. Chámame a atención os servicios colectivos como as fontes, as canalizacións, as rúas e as prazas. Tamén os elementos defensivos,  os fornos e as saunas; de feito algúns lugares eran auténticos balnearios.

¿Como se organizaban e que cultivaban?.

          Decir que non hai constancia escrita,  polo tanto o que sigue son suposicións do que deixaron escrito os que viñeron despois, ou sexa os romanos. Do dito o feito hai un gran treito...por eso o que sigue en moitos casos son suposicións ou deducións máis ou menos fundamentadas...

         Decir que na cultura castrexa prácticamente son  descoñecidas moitas cousas básicas como os modos de producción, si as terras eran colectivas ou non,  e o status social das profesións;  pero si se pode decir moito das materias primas que usaban,  da súa minería e das actividades artesanais e de comercio. Neste senso, e sempre a maneira de resume,  decir que nos xacementos atopáronse grandes cantidades de cereais como o trigo, leguminosas como as fabas e os chícharos. Entre outros.  Tamén nos cultivos vese unha gran avance en canto o uso de especies según as estacións.

Na fotografía vense landras carbonizadas que foron atopadas no Castro de Vixil en Vilalba Lugo. Actualmente no Museo de Vilalba. A landra ocupaba un lugar destacado na alimentación. Da landra facían, entre outras cousas, fariña e un tipo de pan.

Gracias os estudos de restos vexetais pódense,  hoxe en día,  saber moitas cousas sobre a cultura castrexa.

 

          Decir que ocupaba un lugar moi destacado da alimentación as landras, do xénero Quercus, ou sexa o froito do carballo, pero non faltan as avelás, arandos e seguramente castañas.

Qué útiles usaban?

Nos útiles xa se vía un pouco de todo: muíños de pedra, machados, podadeiras, picos, sachos, etc.

Nesta escultura atopada no pobo de Bembibre preto de Viana do Bolo vese un porco ou un xabaríl feito en pedra.

 Preto deste pobo hai o castro do Eirexario.

A escultura recibe o nome de Berraco.

 

A súa gandería?

          Na gandería vese, polos restos atopados,  que xa tiñan un pouco de todo: dende vacas, porcos, pasando por cabalos e ovellas entre outros.

          Descoñezo totalmente si se facía intercambio de comercio ou non...

 

Organización sociopolítica?

        A organización sociopolítica tamén é a gran descoñecida inda que hai algúns datos sobre aspectos da vida cotiá: por exemplo dedúcese polo tipo de construcións a importancia que xa tiña o grupo familiar, ou sexa a sociedade básica xa era a familia, que por certo a xulgar polos distintos tipos de casas as economías destas familias era xa diferenciada según os traballos a que se dedicaba, agrícola, metalúrxica, etc.  Trataríase según a maioría dos autores que estudiaron o tema de familias autosuficientes e pechadas, que contan coa súa propia forza de traballo para xerar os seus propios recursos.

No dibuxo sacado do libro A Gran Historia de Galicia editado pola Voz de Galicia, no tomo dedicado a Cultura Castrexa aparece este dibuxo que representa un castro, en vermello, e a área potencial dos seus traballos.

O dibuxo está referido o Castro de Torroso en Mos (Pontevedra).

Do trazo amarelo suponse que non se pasa nas labores xa que pasan dunha hora de camiño dende o castro o que suporía dúas horas camiñando dende o castro, o  que é moito. 

O trazo negro sería a media hora de camiño.

As cores indican os pastos válidos e non válidos así como o terreno válido para cultivos.

O dibuxo é de A. de la Peña Santos.

 

 

Cómo era a propiedade?

          A propiedade da terra en principio é colectiva ou sexa o castro onde se asenta colle as terras que están o redor do mesmo, seica ata distancias de media a unha hora de camiño. Logo dentro destas cada familia collía os terrenos según a súa capacidade de traballo, manteñendo o ano seguinte.

 

Eran belicosos, como dice Estrabón?

         Cuidaban moito a súa defensa, polo tanto os romanos decían que eran moi belicosos, fálase dunha belicosidade castrexa pero os únicos fundamentos parecen ser, as construccións tipo defensivas, as prácticas termais que seica tiñan caracter sacro e as estatuas guerreiras. O feito é que se defendían e que de algún xeito mostraban, en plan disuasorio a súa forza; de eso o bandolerismo endémico do que fala Estrabón, vai un largo camiño, penso eu...

Ara adicada o deus da guerra Reve, actualmente conservase no museo Arqueolóxico de Ourense.

 

Este é unha das moitas aras atopadas e que se conservan.

 

Hai outras dedicadas as Ninfas, a deusa Nabia, a Verore, a Berobreo, Ocaelaego e outros deuses.

 

Eran ateos como decía Estrabón?

                Os romanos decían que eran ateos, pero realmente tiñan deuses e de feito rendían culto nas noites de plenilunio bailando en círculos . Tiñan varios deuses, seguindo unhas funcións determinadas: primeiro os encargados de velar polo mundo, logo os da guerra e o vigor físico e por último os relacionados coa reprodución e a abundancia. Así no primeiro grupo estaban os deuses  da montaña como Ladico, Larouco, Tilenus, tamén Nabia entre outros; deuses da guerra como o deus Coso e Reve. Tamén os deuses da auga  como a deusa Nabia, que tamén era protectora da comunidade, e quizais Veroca e Bandua. Tamén os deuses dos camiños os Lares Viales.

 

Cómo enterraban os mortos?

         Non enterraban os mortos, pero fálase dunha incineración dos corpos. O certo é que da cultura castrexa non se coñecen necrópoles nin enterramentos, nin tampoco siñalización das tumbas. Suponse que o ritual era a incineración.

 

Triscel. Museo do Castro de Sta. Tegra. Roseta  de idem. Guerreiro atopado en Rubiás (Ourense). Torque, Burela (Lugo)

 

Eran artesanos só ou tamén artistas?

        A arte castrexa é moi rica: apareceron restos de vasixas, doas, ánforas. vasos, todo tipo de decoracións, figuras masculinas, femininas, guerreiros, aras, figuras sedentes, triscels, rosetas, esvásticas e moitas xoias (tanto en ouro como en prata) como diademas, arracadas, torques, e un longo etc. que demostran que a cultura castrexa estaba xa a moita altura. Tamén fan ver que dentro da sociedade castrexa, dalgunha forma xa había determinadas clases sociais, seguramente como hoxe según o seu poder adquisitivo.

 

------o------

Bibliografía deste traballo:

A Gran historia de Galicia. Tomos I a IV. José Manuel Caamaño Gesto. La Voz de Galicia.

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Museo Prehistorico de Vilalba.

Historia de Galicia. Link de Julio Anta

Traballos de Juan Manuel González Carballo. (O Castro de Cabeceiros).

  Saír