A romanización da bisbarra de Alberguería.

                                            Secundino Lorenzo Fdez.   Ver as fontes do traballo.

 

Decir dende un principio que os romanos visitaron, como era de esperar, a nosa bisbarra,  e  deixaron cousas que merecen figurar nesta pequena historia. (A cronoloxía da súa estancia en Galicia foi dende o 137 a.C. ata o 460 d.C. no que os Suevos conquistaron Lugo)

           Tres son, en principio, as cousas a destacar: en primeiro lugar as vías romanas, das que falaremos despois, en segundo lugar as canles mineiras romanas das que si hai representación na zona moi preto de Alberguería e por último os asentamentos defensivos de Vilaboa, no que apareceron algúns restos, o parecer romanos.

    

A Via Nova sacada do libro "A Gran historia de Galicia", A Galicia Romana tomo III. La Voz de Galicia. Exemplo claro de vía romana.

Traza de canal entre os riscos do Valle do Silencio, fotografía sacada do libro "Las Médulas" de David Gustavo López. Exemplo claro de canle dedicado a minería, neste caso a extracción de ouro nas Médulas. Un "chollo" para os romanos...

             Pero antes de tocar esos tres puntos penso que é de xustiza falar, a maneira de resume, como entraron os romanos na comarca de Valdeorras e que pegadas básicas deixaron, aparte das anteriores,  que foron moitas.

          Coa chegada dos romanos,  que según as fontes escritas chegaron en varias expedicións pero que a primeira foi de   Décimo Xunio Bruto  polo ano 137 a. C. que  sobe polo río Texo e o Douro o no río Lethes que é o actual Limia, o río do esquecemento,  consigue superar a supertición que relata Apiano según a cal os que cruzaban o río perdían a memoria. Non foi así. E seguiron avanzando.

O feito anterior do río Lethes,  da lugar a "Festa do esquecemento" que se celebra tódolos anos en Xinzo de Limia (Ourense)

Estas foron as tres expedicións romanas. 

             Os romanos viron na nosa terra un auténtico filón de ouro, e nunca mellor dito,  por eso seguiron as expedicións. Por suposto tamén viron motivos estratéxicos, aparte dos económicos Non todo foron laureis nas súas expedicións, evidentemente, e así tuveron que arrasar varios castros tanto en Portugal como na Gallaecia. Non foi doado vencer o Noroeste e as guerras Cántabras deixaron moitas baixas polas dúas partes.

                Parece ser que no ano 27 a.C., cen anos despois da primeira expedición,  foi a gran batalla do Monte Medulio citado por Orosio e no que Augusto empregou simultaneamente tres columnas con base en Braga unha delas, outra en Astorga e outra dende Lugo.

O Monte Medulio podía estar situada en calquera destos montes da Comarca de Valdeorras ou no Courel. Realmente non se sabe.

"Ós Galaicos, Cántabros e Astures, usaban a táctica das guerrillas e as emboscadas,e ós romanos as operacións envolventes atacando dende varios flancos. Despois de múltiples escaramuzas, os Cántabros retiráronse ó Monte Araceli, os Astures ó Monte Vindio e os Galaicos ó Monte Medulio.

O Monte Medulio, que aínda non está localizado, sitúano os historiadores preto do río Sil, uns no Courel e outros por Larouco. Seica na primavera do ano 26 a.C. tres columnas atacaron este monte por tres flancos: Furnio polo Sil, viña dende os Peares río arriba; Carisio que viña dende Astorga, polo Bierzo; Paulo Fabio Máximo, saíu de Lugo e atacou polo  Cebreiro. O camiño cara o Monte Medulio foi terrible: duros combates, nun terreo plagado, seguramente o canón do Sil plagado de matogueiras e precipicios Os romanos decidíronse polo asedio, para iso completaron un foxo ó redor deste, de 25 quilómetros de lonxitude, co seu correspondente valado de paus, vixiado día e noite polos soldados romanos.

Cando os Galaicos se deron conta da súa extrema situación, ou se entregaban ou morrían de fame. Optaron, como conta a lenda por suicidarse en base a comer unha beberaxe a base de taxina sacada dos  teixo, desta forma librabanse de ser esclavos dos romanos"

Reconstrución virtual hipotética dunha insulae ou domus da cidade de Lugo tal como aparece no libro A Gran historia de Galicia, A Galicia romana no tomo III volumen I.

Rúa principal do pobo de Alberguería no ano 1958 cando estaban a desmantelar o pobo xa que quedaría meses despois baixo as augas do pantano de Prada. Observar os parecidos.

 

Mapa tomado do libro Xeografía por Otero Pedrayo (1949). Observar que non pon Alberguería si non que pon Aberxia.

          Básicamente a chegada dos romanos e a posterior romanización vai producir un cambio na vida dos nosos antepasados, así frente o caracter montañoso dos asentamentos castrexos aparece o carácter chairego en planicie dos poboamentos romanos. Pode que neste momento precisamente nacera Aberxia como seguramente se chamaba Alberguería antes da chegada dos cabaleiros templarios posteriormente no século XIII. No me extrañaría que algúns nesa época levantaran as primeiras pedras do noso pobo. Por suposto non teño ningunha proba e penso que hoxe tampouco se podería demostrar, toda vez que o pobo de Alberguería non só está anegado polas augas si non tamén afundido no encoro como se pode ver nas únicas fotografías que hai de 1973 cando baixaron as augas.

Parte do pobo de Alberguería no ano 1950. Foi anegado no ano 1958 e a iglesia trasladada a Vega de Cascallá pedra a pedra.

Pobo de Alberguería nunha baixada do encoro en 1973. Hoxe o pobo está moi afundido polas augas. Pensar que o pobo está a casi 30 metros baixo a auga cando o encoro está o 90%.

        As miñas suposicións son simplemente producto de que son "veciño de corazón de Alberguería e fillo adoptivo" e póñome no corpo dos romanos que foron explorar a zona cando fixeron a vía romana que seica pasaba por alí, virón o lugar tan chan, con tres ríos, abrigado dos ventos e penso que non había que ser moi espabilado para deducir que era o mellor lugar de toda a bisbarra...

      Volvendo a romanización no Barco de Valdeorras, un dos factores máis importantes foi o paso pola misma dunha das vías romanas máis importante da Península. Trátase da "Vía XVIII", coñecida no Itinerario de Antonino como "Item alio itinere a Brácara" ou tamén como "Via Nova" xa que desta forma figura nos miliarios de Tito e Domiciano do ano 80 d. de C., xa que precisamente se fixo no reinado deles.

 

Vía XVIII ou Vía Nova.

Esta Vía Nova que se ve no mapa da esquerda procedía de "Brácara Augusta" (Braga), e vai camiño de Astúrica Augusta (Astorga).

Cruza a provincia de Ourense.

Cunha extensión de 157 km.,  cruza Valdeorras de SW-NE seguindo na bisbarra máis ou menos o itinerario: Ponte Bibei, Codos de Larouco, Freixido, Petín, Ponte Cigarrosa, Fontei, A Rúa Vella, San Miguel de Outeiro, Vilamartín, A Rodeleira, Arcos, A Proba, O Castro, Ponte de Córrego, Vilanova, Ponte de Regueiral, Rubiá, Zona do Marquesado, Robledo de Lastra, para cruzar polos Picos de Oulego por Peña Tallada, Cabarcos ata chegar a Bergidum Flavium.

 

(O texto é de Antonio Castro Voces e o dibuxo está sacado do libro A gran historia de Galicia.)

 

 

         Resulta moi curiosas as características técnicas das vías romanas, pero simplemente escribirei algunhas xa que ó explicalas con detalle penso que está fora deste pequeno traballo sobre a historia de Alberguería: os romanos facían as súas vías simplemente seguindo a técnica nos trazados "en liña recta" sin preocuparse polos pobos intermedios, en terreno montañoso ou de forte pendente utilizan o zigzag como pode verse na fotografía de abaixo. Outra característica é a de facelas a media altura na montaña, para evitar as enchentas dos ríos e regatos e ter máxima visibilidade, en caso de ataques inimigos,  entre outras cousas. A media de anchura era de 4 m. con un mínimo de 1,5 metros e un máximo de 10 metros. Por suposto os materiais de toda a vía eran moi estudiados e por regra xeral tiña catro capas dende os cantos rodados grandes na parte de abaixo, subindo gradualmente ata a primeira capa de pedras planas. Os interesados nestes temas recomento o libro A gran historia de Galicia de José Manuel Caamaño que o trata de forma sinxela,  doada de entender e dunha forma moi ampla.

Fotografía da Vía Nova, na zona entre Portela de Home e Lobios, onde se ve que se fai a media montaña. (A vía Nova é a de arriba).A de abaixo é un camiño posterior o pé do río Caldo.

Vía Nova onde se ve a última capa de cantos máis ben rectangulares pero planos. O ancho mínimo é de 1,5 metros.

Vía nova na Ponte Bibei, onde se ve que para facer a subida, fanse tramos rectos pero en zigzag. A fotografía é do autor do libro José Manuel Caamaño.

       Xunto a esta vía principal había outras secundarias: por exemplo (según A. Castro Voces)  a que iba dende Freixido hacia Viana que é a que realmente nos interesa e veremos despois máis polo miudo. Tamén de Freixido a Montefurado e Quiroga. A de Cascallá, pola dereita do Galir, ata Entoma e Sobradelo e cruzando a Pantoriga seguindo pola Medua, San Xusto, Ponte Domingo Florez ata as Médulas; a que iba dende a Pontenova (Sobradelo), seguía por Casaio hacía as terras de Sanabria; o que que iba de Sobradelo a Candís, Millarouso e Viloira.

       Os restos que quedan na bisbarra (según o texto de A. Castro Voces) e que se deben os romanos van dende "pontes" como Ponte Bibei que aparece na fotografía que sigue, o de Cigarrosa, Rodeleira, Entoma, Córrego, etc. "Lápidas" como a de A Cigarrosa e Santurxo; "aras" como a de Viloira; "grabados" como o de Sta. María; "capiteis" como o da Rúa Vella; "mosaicos" como o da "Cigarrosa; e "esculturas" como o Togado de Freixido, entre outros...

Nesta fotografía vese esta xoia que temos en Ourense, a Ponte Bibei, unha auténtica marabilla que ten as características que aparecen a dereita.

Característica e antiguedade da Ponte, en plena vía Nova inda sigue hoxe a utilizarse.  Xunto a Ponte hai uns miliarios alusivos a esta obra.

 

Tamén quedan restos doutros tipos como:

Representación de peixes e outras especies no mosaico da Cigarrosa (A Rúa-Ourense). Hoxe no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense).

Este é unha das moitas cousas que nos deixaron os romanos en Galicia.

Este é o miliario de Tito e Domiciano que hai na Ponte Bibei. Os miliarios simplemente marcaban as distancias en millas romanas, dende o inicio da vía,  e o nome do emperador. 1 milla= 1.475 m. aprox.

Ata aquí a romanización no Barco de Valdeorras.

 

Vexamos o que temos dos romanos na bisbarra de Alberguería.

      En primeiro lugar temos, como xa dixen arriba unha vía secundaria a Vía Nova que iba dende Freixido a Viana. Pero había moito máis, vexamos:

    Do libro "Los Caminos medievales de Galicia" de Elisa Ferreira Priegue recollo e comento o seguinte mapa:

        Neste mapa provincial de camiños medievais aparece Alberguería onde Elisa Ferreira situa un camiño  real ou antigo que comentaremos o falar da edade media, camiño que iba ata o Bolo. É o camiño que logo se convirtiu en estrada en parte. Dende Alberguería víase a xegua, precisamente un anaco deste camiño...

         Tamén  dice que nas terras do Bolo, pasa una posible vía romana por Curra, Meda, Alberguería e Prada, Vía romana que iba empalmar a Rúa. Ver no mapa que esa vía romana, que sería un ramal, pasaría por San Fiz e vía Carballal vai parar a Rúa. De algún xeito ten que existir algún vestixio na zona, haberá que investigar. Evidentemente tiña que cruzar o río Mao, onde seguramente habería unha ponte e seguir ata o encoro actual de Santa Eulalia, onde é probable que quedase cuberta polo encoro xa que os romanos facían os seus camiños a unha altura media da montaña. Nese encoro está agochado seguramente un anaco desta vía, aparte dunha ferrería, da que non teño documentación pero sei que existía,  e do comenzo dunha canle romana para usar na minería, sobre todo do ouro.

        O caso é que non hai dato ningún polo menos que eu coñeza ou me teñan falado. Dito queda e momentos haberá para completar este texto.

Importantísimo:

       Posteriormente recibo unha comunicación que proba o anterior xa que seica se atopou un miliario en Alberguería, concretamente en Alberguería do Bolo, especificación básica xa que Alberguería hai moitas pero do Bolo soio hai unha;  deste miliario fala Ceán Bermúdez en principio e posteriormente aparece citado por outros autores como Colmenero Lorenzo. A lectura transmitida é concretamente "Cos..vi / P.IX P.f/..Vae.XII.P.M. ".

Ceán Bermúdez ten publicado o libro "Sumario de las antiguedades romanas que hay en España". Madrid 1832. Libro onde figura, o parecer, esta referencia.

Estas referencias bibliográficas figuran no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

 

Fotografía publicada polo "O Sil", publicación mensual do Barco de Valdeorras. Vese precisamente a canle mineira da que estamos falando.

        Unha segunda pegada, con moitos máis datos, figura no canle que existe actualmente na zona. Trátase dunha canle mineira que levaría a auga lonxe a calquera lugar onde se facía a explotación dunha mina, seguramente de ouro.

      A canle parte do río Xares, a altura de San Fiz e actualmente vai ata Portomourisco. A toma do canle debeu de quedar debaixo do encoro de Sta. Eulalia.

As Médulas en outono, unha explotación de ouro feita polos romanos e da que sacaron moi preto do millón de kg. de ouro da mellor calidade. Unha barbaridade que conseguiron gracias a uns canles de auga que traían dos ríos da montaña. A fotografía aparece no sensacional libro "As médulas" de David Gustavo López.

      Os romanos entre os século I a III despois de C. fixeron nos seus dominios unha explotación exhaustiva de minerais como o ouro entre outros. Particularmente fixéronna na parte oriental da provincia de Ourense e na zona sur de Lugo. Na súa acción extractiva a auga e o seu control foi fundamental, a mostra está por exemplo nas Médulas  no que usaron a tope esta auga co seu célebre método de extración do ouro que se coñece co nome de  Ruina Montium. Eran moitos os canais de auga que se facian chegar o Lago de Carucedo dende remotos lugares como os montes Aquilanos en León.

Nesta figura está moi ben explicado o método "Ruina Montium", a auga facíase chegar a piscina ou  lago 1, unha especie de piscina pero de onde viña esta auga?.... Pois dos corrugos ou canles mineiros viñan dos ríos da montaña...

           Plinio el Viejo  explica así na súa Historia Natural o Ruina Montium:
"...as montañas son minadas ó longo dunha  gran extensión mediante galerías feitas coa luz de lámparas... Rematado o traballo de preparación, derríbanse os  apeos das bóvedas dende os que están máis lonxe; anúnciase o derrumbe e o vixía colocado na cima da montaña é o  único que se da conta do derrumbe. En consecuencia, da as  órdenes con berros e con xestos para poñer  en aviso á man de obra e, á vez, él mismo baixa correndo. A montaña, crebada, derrumbase por si mesma ó lonxe, cun  estrondo que non pode ser imaxinado pola mente humana, así como cun incríble desprazamento do aire...".
 

        Plinio fala tamén das canles mineiras do seguinte xeito  "...traer ríos dende a cresta dos montes, moitas veces a cen millas de distancia. Creo que se chamaban "corrugos" por ser obras de canalizar as aguas e certo que era grande o traballo. Convén nivelar ben a corrente, para que a auga fluia con toda velocidade, que se trae de lugares altísimos. Os valles e quebraduras dos terrenos son franqueados por canais sobre pontes. Noutras partes hai que demoler  rochas infranqueables, e unha vez cavadas fanse asentos para os canais. O que as pica ten que estar, moitas veces, colgado de sedeños, de feito que os que os ven dende lonxe pensan que son unha especie particular de aves..."

Efectivamente para facer estos canles había que colgarse da montaña, según decía Plinio...

Túnel no canle que hai de San Fiz a Portomourisco. Nese trato hai dous tuneis.

En algún lugares tuveron que colgarse da montaña. Esto trozo pertence o canle que hai preto de Alberguería.

En moitos lugares había que facer incluso tuneis.

Nesta marabillosa fotografía vese unha canle mineira romana que leva a auga ata as Médulas. Este canle vai bordeando o Valle Airoso. A fotografía está feita dende o Pico de Aquiana e está sacada do libro Las Médulas editado por Edilesa e da que é autor David Gustavo López. Un libro básico para entender a explotación que fixeron os romanos co ouro.

       Nas médulas fálase de que os romanos sacaron sobre 960.000 kg. nun total de 150 anos aproximadamente. Fálase de cifras astronómicas en canto á terra movida e sobre todo lavada,  con cifras de 101 millones de metros cúbicos de agua al año, habería que quitar os meses de estiaxe que serían sobre cinco, supoñendo un traballo de 12 horas diarias con ela.  A auga chegaría pola noite e polos canales (dende o Teleno e río Cabrera e outros)  o lago principal. Tamén fálase de 9.750 homes  traballando o longo do tempo na explotación, tanto no proceso final como nos principios de recollida de auga, así como os soldados que vixiaban o proceso... Como para perder o sentido, soio pensando o que se lograba e cós medios que se tiñan. Fálase dos anos 67 da nosa era ata o 210. Polo menos nas Médulas...

     Probablemente quedou un pouco de ouro pero abandonouse a explotación xa que non era rentable polos métodos usados. Por eso hoxe podemos ver en bon estado esta xoia de Galicia e da nosa bisbarra que é unha auténtica marabilla natural do "mundo mundial"...

       Pero o que vamos,  o noso canle de San Fiz a Portomourisco, unha das máis longas da provincia e que se conserva perfectamente,  en opinión do arqueólogo valdeorrés Santiago Ferrer Sierra: "É unha das máis interesantes que hai e tamén das máis longas, ten ademais dous tuneis. Collía auga por debaixo de San Fiz, alí no río Xares, e trasvasábase cara o Sil a zona de Vilanuide".

      San Fiz é un pobo que está preto de Alberguería, río abaixo do río Xares. Ver no mapa.

    Decir, como curiosidade,  que os inxeneiros romanos para trazar estos canles empregaron instrumentos como o nivel (dioptra), e especialmente o chorobates (regla horizontal de 5,92 metros con patas nas catro esquinas e que na parte superior tiña un surco onde verquía a auga para usala como nivel). Eran canles perfectamente niveladas e cuio trazado en moi poucas ocasións superaba o 2% de nivel, impedindo así que a auga erosionara as paredes e se producisen desbordamentos dos mesmos.

A dioptra era un instrumento que xa tiñan os gregos e que logo adaptaron os romanos. Básimente era un nivelador, pero podía medir perfectamente ángulos. Ver a dereita como era realmente...

Levaba unha mirilla A, logo permitía o movemento de rotación en C e o momento en ángulo en B. Unha marabilla.

Observar xa a tornillería...

Dibuxo dun chorobates, era un instrumento básica para facer canles, acueductos, etc.

No medio a auga que fai o nivel. Observar tamén as dúas mirillas.

Neste dibuxo vese como se utilizaba básicamente, levaba tamén un visor. Os romanos eran auténticos especialistas neste tipo de medicións. A proba témola tamén nas canles mineiros.

 

 Para rematar hai unha terceira pegada xa que hai constancia de asentamentos defensivos, identificados coa época romana, nos lugares de O Lombo ou As Silviñas nas inmediacións de Vilaboa, onde se atoparon abundantes trozos de cerámica e algún resto de tégulas. Esta información está sacada da páxina web Oficial do Concello de A Veiga e polo tanto decir que descoñezo as fontes da misma, salvo este orixen que cito.

Nun traballo aparecido en O Sil que leva por título "No refulxir da montaña", de Clemente Pérez Arias, cita outro  asentamento romano na bisbarra de A veiga, en San Fiz de Baños, o asentamento que lle chaman "Os Baños"

Aclarar dúas cousas:

Unha, o que é unha tégula:

Unha tégula é a "tella" típica dos tellados, neste caso a romana tiña este aspecto. Na fotografía peza romana que actualmente está no museo nacional de arte.

Ver a colocación das "tégulas" romanas. Eran pezas de arxila cocida como son actualmente. A súa colocación é similar as tellas actuais.

 

E dúas, decir que Vilaboa, mirar no mapa, está a pouco máis de tres kms. de Alberguería.

No mapa vese Vilaboa que está a poucos kms. de Alberguería. San Fiz de Baños está un pouco máis arriba de A Veiga seguindo o río Xares.

Neste mapa de toda a Bisbarra de A Veiga vese onde está Baños, marcado en vermello. Pódese visitar perfectamente.

 

Fontes do traballo.

Historia de la comarca de Valdeorras de Antonio Castro Voces. Internet. http://www.valdeorras.com/historia/historiavaldeorras.htm

A Gran Historia de Galicia. A Galicia Romana. Tomo III. José Manuel Caamaño Gesto.

Las Medulas. David Gustavo López. Edilesa.

Los caminos medievales de Galicia. Boletín Auriense. Anexo 9. Elisa Ferreira Priegue.

Periódico O Sil. (Setembro do 2007) Barco de Valdeorras. Mensual.

  Saír