Da-las gracias a Carlos Garcia H.

FOTOS DE FRANCISCO FRANCO INAUGURANDO O ENCORO 

Francisco Franco inaugura o encoro de Prada. Río Xares. Ourense. 15/09/1961. Na fotografía soio coñezo a Franco e a súa dona Carmen Polo. Outra fotografía da inauguración. Por certo ese día ingresaron na carcel de Ourense algúns veciños de Alberguería, que logo soltaron rápidamente.
Fotografía de Francisco Franco na inauguración. Esta fotografía está sacada do NODO. Fotografía da xente esperando a Francisco Franco e o seu séquito. Esta fotografía está sacada do NODO.
Fotografía de Francisco Franco facendo o paripé de darlle o botón. Realmente está dentro da central de Prada. Esta fotografía está sacada do NODO. Fotografía de  Carmen Polo, a esposa de Franco, facendo o mismo. Esta fotografía está sacada do NODO.

Fotografía da construcción do encoro. Outra fotografía histórica. O fondo a dereita estaba o pobo de Alberguería.

Moncabril foi a empresa que fixo o encoro. Hoxe o encoro perteñece a Endesa. Ponte de A Veiga construido o mesmo tempo que o encoro, esta zona é hoxe a cola do encoro de Prada.

Pulsando nas fotografías poden verse en grande.

(Por suposto non nas do NODO.)

As fotografías anteriores son un auténtico regalo que me envía Carlos García Herbella do diario O Sil do Barco de Valdeorras, decir que lle estou moi agradecido. Son unha xoia histórica que ben a enriquecer unha páxina www que penso vai alcanzando un bon nivel.

O encoro foi inaugurado, como se ve na fotografía, nada menos que por Francisco Franco Bahamonde, foi o día 15 de setembro do ano 1961, as 18:00 horas.

Atrás quedan moitos anos no que Moncabril levaba construindo o encoro que asolagou para sempre o pobo de Alberguería.

Atrás quedan tamén moitas historias de oposición, moitas mágoas, moitas noites sin dormir, moitas inxusticias, que me consta se cometeron, moitos abusos de forza, como o desaloxo pola Garda Civil a cabalo dos derradeiros veciños de Alberguería, moitas prebendas e moitas cousas que o mellor un día me decido a escribir... 

De momento sirvan estas fotografías dun evento que foi de ledicias para algúns e de terrible e dramática tristeza para moitos. Nestes moitos tristes estou eu, que nestes anos teño escoitado moitas historias de tristeza sobre a construcción deste encoro, pero tamén moitas ledicias dun pobo, que pese o paso dos anos (no 2003 xa pasaron 44 anos) inda sigue vivo, inda que sexa no fondo do encoro...

Alberguería sigue vivo nos nosos corazóns...

Sempre Alberguería...

AMPLIACIÓNS

Neste video podedes ver un trozo do NODO  (3.800 kb) onde se ve a chegada de Franco o encoro de Prada e pouco máis...

Tamén tendes aquí un trozo do mesmo video anterior pero de máis calidade e ampliado ata o final, sacada do documental  "Xares: o río que nos leva", ocupa un pouco máis pero merece a pena. Ver ese trozo. (16.800 kb).

Neste texto tendes a historia da inauguración do encoro de Prada. (Contada por Félix García Yañez no seu libro O Barco e a terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo) . Moi curiosa...

Neste texto tendes a loita deste pobo naqueles anos. (Contada por Félix García Yañez no seu libro O Barco e a terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo). Decir por veciños do pobo, que inda se lembran,  que esta historia axústase perfectamente a realidade.

Nota: o sensacional libro de Félix García Yáñez está referenciado neste link.

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír