|
|
A fonte que aparece na fotografía non é de Alberguería, pero en tódolos pobos había fontes similares a esta, trátase de fontes feitas de cantería, con depósito cuadrangular, cuberta de perpiaño e coa auga sempre fría. Xeralmente veciñais.
Seguro que na Alberguería había unhas cantas. A da fotografía é unha fonte que está en Requeixo, non moi lonxe de Alberguería, no pobo de Sanabria.
Calquera día, con axuda de Lily, por exemplo, pomos no dibuxo as fontes do pobo.
|
|
|
|
Iglesia de Alberguería |
Pobo de Alberguería. |
|
Alberguería era un pobo que tiña moitas fontes, dice Lily, e que detallarei a continuación: Dentro do pobo: 1)
Prado do liño (no cima do pobo), 2) Da Zorra (debaixo da casa do Sr.
Julio), 3) Do Xardín (onde a casa do Pedro do cura), 4) Do Licor (onde a
Cruz), 5) Das Abelairas (debaixo da cortiña), 6) Do Cagallón (pasando
a casa da Sra. Remedios). Fora do pobo: 1)
Dos Pitos, 2) De Covas, 3) Das Corgas, 4) A Grande, 5) Das Fornas, 6) O
Coballón, 7) A Ladeira, 8) As Fontiñas, 9) O Prado Veso, 10) De
Cancelos, 11) A Veiga, 12 O Pereiro, 13) O Rebolal, 14) As Cubas, 15) De
Veado, 16) Do Domingón. |

Os regueiros os que se refere Lily, son sin dúbida regatos pequenos, neste caso afluentes do Xares. O Regato da fotografía é precisamente o regato do Prado da Fonte fotografiado polo autor da www en setembro do 2005.
|
|
Neste dibuxo vense perfectamente os regatos.
|
Os
“regueiros” que pasaban
polo pobo e desembocaban no río Xares eran dous:
1) Regato do Prado da Fonte (nacía na serra), no dibuxo tamén se chama Regueiro do Couso,
2) Regato da Varxa (desde Barreiros). Os dous regatos xuntábanse por debaixo do pobo, por debaixo de Buxelos, e logo xa desembocan no Xares (1 km antes da presa). No primeiro regato no de Couso había no mesmo pobo un muiño e unha forxa. (De feito un dos camiños que iba o río chamábase Camiño da Forxa.) |

Neste mapa de 1941 están claros os regatos e a súa situación no pobo de Alberguería.

Esta fotografía sacada tamén polo autor da www, vese o regato do Prado da Fonte mismo na súa entrada no encoro de Prada, xa moi preto das primeiras casas de Alberguería; levaba moi poquiña auga xa que o ano 2005 foi de seca total.

A festa de Alberguería, os días 15 de agosto de todos os anos, facíase no Prado da Fonte precisamente. Na fotografía vense os músicos e moita, moitísima xente, bailando e outra sentada no prado, disfrutando do día. ¡Estas si que eran festas!...
Ver o Prado da fonte no dibuxo a carón do regato do que falamos.


O pontón (noutros lugares dinlle pontella) da fotografía non é de Alberguería, pero dícelle o lector que é realmente un pontón, que normalmente eran de madeira como o da fotografía. Tamén había pontillóns que normalmente eran de pedra.
|
Alberguería tamén
tiña cinco “pontóns”
que rodeaban o pobo, algúns eran de madeira, pero
a maioría eran de pedra:
1)
Do Prado da Fonte, 2)Da Barxa, 3)Do Prado Veso,
4)De Buxelos, 5)De
Ricoi. |

Na fotografía vese claramente o pontón de Buxelos. (Abaixo a dereita)
|
|
Na Alberguería tamén había una pasarela que
cruzaba o río Xares. Unha pasarela que non é moi distinta da que cruzaba o río Xares pero uns quilómetros máis arriba no camiño que levaba a Corexido. Na fotografía está pasarela levaba o muíño que se ve máis arriba e tamen onde estaba a turbina da minicentral que daba luz o pobo de Alberguería. A fotografía é unha xoia. Tamén permite observar o río Xares. Esta pasarela estaba a 500 metros augas abaixo da Ponte de Alberguería. |

|
Ponte de Alberguería. (Finais do século XIX o principios do século XX) |
Esta ponte (que seguramente é de
principios do século XX)
estaba por baixo do pobo da Alberguería, entre a isla de Preboubo e a
marxe esquerda do río.
(Case xunto a presa, ver o mapa, camiño de Alberguería a Aceveda) A fotografía non é moi boa, pero é o suficiente para decatarse da importancia desta ponte. En principio hai que supoñer que esta ponte non existía en 1850, ano no que Madoz escribe o seu diccionario; e non a cita, dice que había unha ponte de madeira para cruzar o Xares camiño do Bolo. (Efectivamente estaba no camiño dende Alberguería a Corexido, ver o mapa). |
Nesta fotografía vese mellor:
|
|
A ponte é a misma que na fotografía anterior, o que pasa é que nesta fotografía, está un pouco retocada xa que estaba moi estropeada.
Observar tamén, por debaixo da ponte unha pasarela que cruza o río Xares.
|
|
|
Recentemente Ovidio Prada faime entrega dunha fotografía sensacional da Ponte de Alberguería.