|
|
|
A festa do pobo de Alberguería, celébrase tódolos anos o día 15 de agosto. Os veciños do pobo asolagado polo encoro de Prada no ano 1958 e as súas familias e os seus amigos reúnense a carón do encoro e celebran unha festa por tódolo alto: misa, comida, jolgorio, queimada, chistes e un longo etc. moi entrañable. O final da comida despois da queimada viñeron o chistes da man de César Canelas. Realmente non faltou nada. |
Sirva esta pequena mostra:
Na fotografía Cesar Canelas e a súa familia. |
Cesar viña moi preparado, traía apuntes e todo... Persoalmente fíxome moita gracia o chiste do pai que apréndeñe o neno moitas cousas, na feira, sobre todo como comprar as vacas, a tocar as ubres, as pernas, etc. O rapaz faixe un experto comprando vacas... O cabo duns meses despois da aprendizaxe, o neno faille preguntas moi comprometidas o seu papaiño... Mellor non decilas... Tamén o da muller que collía moitas troitas cun método especial basado na posición que tuvera o aparauto do seu home o levantarse da cama... según caera para a ezquerda o para a dereita así pescaba no río, con gran asombro dos outros pescadores ... O problema viña cando estaba dereito o aparauto cara o centro...entón non iba de pesca, xa o facía dende a casa. En fin todo un artista. |