|
A festa do pobo de Alberguería, celébrase tódolos anos o día 15 de agosto. Os veciños do pobo asolagado polo encoro de Prada no ano 1958 e as súas familias e os seus amigos reúnense a carón do encoro e celebran unha festa por todolo alto: misa, comida, jolgorio, queimada, chistes e un longo etc. moi entrañable. A comida impresionante: nas mesas relucían e relamíase un con todo tipo de carnes, embutidos, empanadas, polbo, bicas, roscón e un longo etc. Non faltaban todo tipo de postres e viños da comarca, dende mencía, godello e sobre todo "o viño feito na casa" ese viño que sempre está boísimo. |
Sirva esta pequena mostra para facer boca:
|
|
|
O pan e os postres de todo tipo |
|
|
| Empanadas para abastecer a un reximiento (dos de antes): bonito e todo tipo de carnes. |
|
|
| Non faltou o bon xamón, os chourizos e o polbo a
feira. De feito estaba contratada unha pulpeira, que estaba co seu
caldeiro...
Na fotografía (que non é miña) o típico caldeiro de cobre para facer o polbo a feira. Por suposto tamén estaba contratada unha pulpeira. |
|
|
| Este roscon é unha pequena mostra dos postres.
Pero vín de todo, bicas de Castro Caldelas e de Prada, brazo gitano,
rosca, roscón, etc.
Bica de Trives, que agora tamén se fai en Sas de Penelas, no Castro e últimamente na Veiga. Por certos os viños de todo tipo: mencia, godello, "o viño da casa" e un longo etc.
Na fotografía "viños da casa" blanco e tinto, tamén a gaseosa para mezclar. |