|
|
![]() |
Hola amigos de Alberguería:
Simplemente decirvos que espero que vos guste este pequeno traballo que fixen con moitísima satisfación. Dende Ourense un cariñoso saudo e unha aperta a todas as xentes maravillosas, do pobo de Alberguería, que coñecín o 15 de agosto do 2002 na vosa festa da Asunción. Unha aperta a todos, e gracias pola invitación: Secundino Lorenzo.
|
|
|
||||||||
| Non poido deixar pasar esta oportunidade, sin dar
as gracias a algunha xente de Alberguería:
A D. Eloy Tato, que me fixo moita gracia cando contou o campeonato entre nenos e nenas para acudir o rosario...ademais é un home que destila cariño polos catro costados e que se nota leva Alberguería no corazón.
A Lola e Servando a nora e o fillo de Obdulia Paradelo, que con algunha lagrimiña nos ollos non deixaron de agradecerme a dedicatoria que fixen na morte de Obdulia Paradelo. Non deixaron de invitarme o que quixera...por certo tiñan unha rosca deliciosa...
Tamén a familia de Dictino Gómez Fernández "O Pirulí" que tiña Peluquería en Alberguería, tamén taberna, era zapateiro, festeiro e o mellor bailador de muiñeira da comarca. Con esta familia estuven a comer o polbo, que estaba riquísimo,e boas empanadas de carne e de bonito e outras viandas sabrosísimas ... todo rociado cun bons viños "da casa" , xa sabedes... ¡menuda cuchipanda!. ¡Moitas gracias!.
Por suposto a familia Prada, a Ovidio Prada e Sra., a Luis Prada e a súa dona Concepción e toda familia que, aparte de darme un vale para coller unha ración de polbo, envitáronme a todo o que quisera. Tomei café e bica (boísima de Prada) con eles. Por certo dinlle clases (como profesor en Ourense) a catro dos seus fillos. Neste ano a Gloria María. Sensacionais alumnos e sensacional familia. Esta familia son a alma da festa. Son todo amabilidade. Moitas gracias. En fin moitas gracias a todos... Secundino Lorenzo. |