
Fotografía de Alberguería. 1945
ESTADÍSTICAS O DÍA 19 DE FEBREIRO DO 2011
A verdade é que a páxina de Alberguería está superando todas as expectativas que tiñamos o principio. Estamos a punto de superar en visitas as 64.000 dende que se puxo o contador a finais do ano 2006. Fai agora CASI CINCO anos. O que supón máis de 1000 visitas o mes.

Actualmente visitan a páxina máis de 80 persoas diariamente...

Estadística dende o 22 de xaneiro ata o 19 de febreiro do 2011

Observar os países que visitan a páxina, máis de 6.600 son de Arxentina, Francia (1.707), Suiza (1.612), EEUU, Alemania, Brasil, México, ...realmente onde está a nosa xente.
Estou orgulloso deste éxito.
¡Sempre Alberguería.!
¡Somos o pobo virtual máis vivo do mundo, a pesares de estar baixo un encoro!