O pobo de Corexido.

Neste dibuxo, sacado do Google Earth, está situado o pobo actual de Corexido. Sto Estevo de Corexido.

Corexido é unha parroquia do Concello de A Veiga (Ourense), que xustamente queda o suroeste  de Albergueria. Alberguería estaba situada a pouco máis de 2.500 metros, xustamente. Ver o mapa. O que pasa é que mentras Alberguería estaba a 817 m. Corexido  está a 970, ou sexa moito máis alto.

Aproximadamente na cruz estaba a Iglesia do pobo de Alberguería.

Distancia aproximada o pobo de Meda 2000 m. (Así coincide no mapa do Instituto Xeográfico e Catastral do 1941), distancia aproximada o pobo de Prada 1.176 metros, medidos no mismo mapa.

Corexido está na esquina esquerda do dibuxo.

 

Actualmente é un pobo marabilloso cunha paisaxe incrible e moito que ver o seu carón. Tiña e ten unha vista de privilexio de Alberguería, Preboubo e a presa.

Esto era o que contaba Madoz de Corexido:

En 1850 tiña polo tanto 30 veciños e vivian 120 persoas, non era pequeno dende logo. A Alberguería pasábase mediante unha ponte de madeira que estaba situada o dala curva a dous kms. da ponte de Alberguería de pedra. Co encoro quedaron aisladas as dúas beiras do río, outra falcatruada de Moncabril e os gobernantes daquela época dos anos cincuenta...condenados...

Corexido tiña no 2004 unha poboación de 18 veciños, para un total  de 2,61 Km2 (O concello tiña nesa época 1.318 habitantes  e un total de 290,45 Km2.). Hai que pensar que dende principio do século XX o Concello de A Veiga perdeu o 80% da población.

Repito o que dixen para Prada.

En 1900 a Veiga tiña 6.977 habitantes.  En 1950 6.357 hab. En 1991 soio 1.741 Hab. E cada verz menos. As explicacións desta perda está clara, a emigración galopante da zona, o movemento natural negativo, o avellentamento actual e a falta de recursos ou mal enfoque dos mismos.

Na miña opinión a zona é marabillosa, a gran descoñecida de Galicia e cuns recursos turísticos que hai que explotar con intelixencia e sin afectar o entorno que é o que hai.

Fonte do anterior:  Galicia en comarcas. Valdeorras. Ir indo. 2005.

 

Na fotografía de Jose Carlos Álvarez (un trociño dunha fotografía panorámica) vese a súa situación o Suroeste de Albergueria.

Según o catastro do Marqués de Ensenada:

" El Lugar de Curugido tiene de Lebante a Poniente medio quarto de legua y de Norte a Medio dia un quarto de legua y circunferencia como tres quartos de legua para rrodearlo necesita como cosa detres horas, linda por Lebante con termino del lugar de Vilaboa por Poniente con termino del lugar de San Pedro Por el Norte conel dela Albergueria y por el Medio dia con termino del lugar de Paradela su figura la del margen= "

 

 

 

 

Non atopo en internet ningunha fotografía de Corexido, a pesares de ser un pobo marabilloso ou polo menos eu tiño esa imaxen. A verdade é que hai cousas que non entendo...

 

Vista dende as primeiras casas de Corexido, marabillosa a esquerda a presa no medio Preboubo e Alberguería a 30 metros de profundidade. O norte Prada e os montes da estrada inugurada por franco no ano 1961 e que une Prada e o Barco por Santigoso e onde Franco tuvo unha anécdota de película...está contada na web e merece a pena.

 

A misma fotografía de arriba pero as dez da mañán o pasar o día 15 de agosto do 2007 para a Festa de Alberguería. Estaba un día de cans...

Este souto está en Corexido e chamoume moita a atención, está a carón da estrada que ven por Santa Cristina ata Prada. Unha marabilla. Fotografía Secundino Lorenzo. 15/08/2007

 

 

Un exemplar de anos. Corexido.

 

Este souto está en Corexido. Unha marabilla. Fotografía Secundino Lorenzo. 15/08/2007

 

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír.