AS CASAS DE ALBERGUERÍA. (Secundino Lorenzo. Webmaster da www.)
1950-1958
|
Gustaríame aclarar algúns conceptos, antes de escribir os datos xerales das casas de Alberguería. Son consciente que o término casa é moito máis amplo do que aquí trato. O término casa aplícase ó edificio onde se vive e esto non é de todo axeitado para a Galicia rural, como ben escribe Begoña Bas no libro As construccións populares: un tema de etnografía galega. Libro publicado en 1983 como Cuadernos do Seminario de Sargadelos. Nº 44. A casa e moito máis que a vivienda ou edificio onde se vive, a casa é tamén a corte, a palleira, a adega, a horta, as leiras, o monte e un longo etc. No meu traballo de recopilación voume referir únicamente as edificacións do pobo de Alberguería polo tanto: as viviendas, xunto coas cadras, palleiras, adegas, etc. Veremos que as edificacións axústanse totalmente as construcións populares de Galicia, tendo en conta, tres aspectos básicos que marcan a construcción: os materiais da zona onde está situado o pobo en cuestión, o clima da zona e a funcionalidade que ven marcada pola economía da casa. Está claro que según a producción da casa haberá unha ou outra vivenda. Alberguería estaba situada nun chan cun clima oceánico-mediterráneo non moi quente no verán (sobre 18º) e non moi frio no inverno (4º a 5º), pero sin esquecer que eran 817 metros de altitude (a media da temperatura sobre 10º en todo o ano), as chuvias, xeralmente, en xaneiro e febreiro cunha media de 200 mm; un clima moi sano según Madoz, onde as xentes vivian ata 90 anos e mais (Madoz 1850). A maior parte das casas vivian da recolleita de productos do campo: berzas, leitugas, nabos, centeo, liño, patatas, moitas castañas , trigo e cebada, moita e boa herba verde e seca, algo de viño e mel e cera. Criaban ganado vacuno, cerdos, cabalos e ovellas e cabras. Dice Antonio Castro Voces nun traballo sensacional que se titula "O Concello da Veiga no século XVIII: economía e sociedade nun pobo de alta montaña", publicado en 1992, traballo que está baseado nos Interrogatorios ou Respostas Xerais do Catastro de Ensenada, e dice "...Alberguería tiña 57 veciños, 228 habitantes e 57 casas..." e sigue "... En xeral en todos os pobos, había terras de hortaliza de regadio e secano, cortiñas de regadio e secano, terras centenais de regadio e secano, prados regadios e secano, montes e devesas. En Pradolongo, Riomao, Curixido, Alberguería e San Fiz había tamén, soutos de castiñeiros, mentras en Prada, Alberguería e San Fiz había algunha viña, non moitas..."; e "...en Alberguería había 8 muíños de fariña..."; e "...Alberguería tiña 2 sacerdotes e un crego..." e sigue "...Alberguería tiña unha taberna e un estanco..."; "... tamén tiña 1 ferreiro e 1 barbeiro..." e sigue nas conclusións "a actividade industrial era escasa, limitándose a: muíños de fariña, un batán, algún colmear e fornos particulares...","...a actividade comercial ceñíase casi en exclusividade a feira do 26 en O Bolo, as tabernas e estancos...". No punto nº 9 das súas conclusións afirma "...A Veiga era un concello donde a altitude, os accidentes xeográficos e a dureza climatolóxica marcaban a pauta no pasado máis próximo, propiciando a emigración masiva, o éxodo rural e a busca de novos horizontes nas grandes ciudades e precisamente eses condicionantes que fixeron emigrar os seus fillos son os que hoxe a configuran como unha zona con gran futuro no turismo rural, no turismo verde..." Os textos anteriores sirven para situar o noso pobo, a súa economía o seu clima que van a condicionar as súas vivendas. Os materiais que abundan, sempre pensando no tipo de casas da zona, é a pedra de todo tipo e as laxes de pizarra. (É curioso e demostra claramente este punto que hoxe, en marzo do 2006, en terrenos de Alberguería hai en explotación unha canteira).
Madoz decía que no ano 1850 había sobre 140 casas toda de granito, e eso vese perfectamente nas fotografías. Pedra, moita pedra posta de tódalas formas posibles. Esas eran as paredes de Alberguería. Vexamos xa algunhas características das casas: Convén aclarar que no momento das fotografías e dos estudios feitos, un 60% das casas do pobo estaban abandonadas e en ruinas según consta na declaración feita polo Xurado Provincial de Expropiación Forzosa con fecha 21 de octubre do 1958. No párrafo 4º onde se dice que "...mas de las 2/3 de las casas del pueblo y por ser reciente su conformidad sería una excelente referencia para su valoración. Sin embargo aunque con mayores dificultades, hemos preferido la valoración de cada uno y por separado de los inmuebles por creer que de esta forma lograríamos un mayor beneficio para los propietarios de los expedientes que faltan por resolver..."
Ademais nas fichas as que tuven aceso, no 2º apartado aparece a valoración de ruinoso, malo, regular, bueno e refírese o estado do edificio nese momento, as fichas están feitas no ano 1958. Polo tanto nun 70% o perito valora como ruinoso, o que lle falta o tellado ou non ten cristais o as ventanas rotas; sin comentarios... Estes aspectos poden detectarse nas fotografías perfectamente. Por exemplo ¿que opinar desta casa?:
No que sigue terei que adiviñar en moitos casos a estructura antigua da casa para poder deducir as características xerais, por suposto non me sirven os precios pagados xa que visto o exemplo anterior, aparte de revolverme o estomago e poñerme malísimo, non me dice absolutamente nada sobre a casa. Decir que a principios dos anos cincuenta Alberguería xa tiña luz nas súas casas e nas rúas, mentras o Concello de A Veiga inda nona tiña.
Vexamos as casas: As paredes Sobra que diga o que é trivial: o elemento máis importante da casa en conxunto son paredes. Todas as casas de Alberguería eran de paredes de pedra, onde abondaba a cachotería con pedras de granito asentadas una por riba de outras e de distintos tamaños; tamén moitas casas eran de pedras de perpiaño rectangulares e sin labrar, en moitas perpiaño concertado e noutras sin concertar e por último tamén as había de auténtica cantería que asentaban a perfeción. Moitas das casas estaban encintadas. Estas son as formas das paredes das casas de Alberguería: (Dibuxos sacados do libro A Casa de Xoaquín Lorenzo Fernández)
Vexamos exemplos do anterior, dentro das fotografías de Alberguería:
O 100% eran casas de pedra de granito ben en pedras de perpiaño rectangulares sen labrar ou labradas, ou ben en cachotes mais pequenos. O 50% estában encintadas ou cubertas con cal (como o balcón da última). Eran de cachotes moi ben colocados un montante grande de casas, sobre un 50%.
As cubertas As cubertas son outro elemento básico das casas e no pobo de Alberguería non hai máis que velas. moi ben feitas e usando, como sería menos, os materiais da zona. Por certo todas do mismo xeito. Eran todas as casas de lousa, osea pizarra con distintas pezas e sobre madeira de castaño.
En xeral os tellados tiñan moi pouca inclinación e as laxes descansaban directamente sobre este tellado. O normal é que unhas apoien noutras. De todas formas vin tellados de pezas pequenas e elaboradas. A maioría eran casas de dúas augas inda que había moitas tamén de una e catro e outras. Estadística de "augas nos tellados de Alberguería"
Podo afirmar que o 74% das casas de Alberguería tiñan o tellado a duas augas, ademais por suposto o tellado era de laxe de pizarra.
Por dentro o típico: a trabe central forte e longa seguindo o eixo maior da casa, a partir deste saen as ripas que fan as vertentes sobre as que se apoian as laxes. Elementos exteriores: Había de todo o que máis eran as portas e fiestras. Había un 10% de casas que teñen galerias pechadas. O 60% tiñan balcons cubertos os chamados corredores ou solainas.
Corredores máis típicos:
Algúns había con barrotes de ferro.
Sobre un 50% tiñan balcóns ben o exterior ou interiores a un patio. Tamén solainas ou corredores e galerías. Eran tamén moi típicas as escaleiras que eran de pedra si estaban exteriormente e de madeira as interiores. No 90% dos casos as escaleiras levaban a porta de entrada no primeiro piso que era a vivenda.
Pavimentos interiores:
Aquí era unánime en canto a materiais: sempre na parte baixa era terra e na vivienda madeira, xeralmente de castaño. Na parte baixa estaban as cadras que normalmente estaban divididas en tres compartimentos un pequeno de leñeira, outro máis grande para a corte do ganado vacún e un terceiro lugar cun cortello A corte tiña o piso de terra que se cubría con estrume que logo, como sabemos, dedicábase cmo mineral para as terras. Na corte era normal ter comedeiro e unha pía de bebedeiro. No cortello separábase o ganado onde se metía parte da facenda que non quería misturarse coa outra. Evidentemente a corte viña marcada polo tipo de ganado que se tuvera, está claro que en Alberguería como noutros lugares non se mezcla o ganado, por exemplo unha vaca con un porco; teñen sitios diferentes. Preto da casa, dependendo si tiñan unha pequena horta ou non, tíñase o poleiro, cun pequeno lugar onde corretean as pitas e onde poñen os ovos. Xeralmente catro taboas cunha tea metálica e unha pequena casopa para que as pitas poderan dormir e por suposto por ovos. O normal. Os pisos estaban montados normalmente osea por riba dos trabes dun groso en relación co longo; cruzados por riba van os pontóns que sosteñen o final as táboas.
Este era por norma xeral o piso. Sempre de castaño. Hai que ter en conta que no 90% dos casos na parte baixa eran as cuadras ou ben a bodega. É lóxico que fora de terra. Na cociña o redor da lareira ou lugar para facer lume non se puña madeira o normal era poñer dúas laxes longas e grandes. Divisións interiores. Habitacións: Á vista dos planos que aparecen nas fichas levantadas de cada unha das casas e contando o número de dependencias das viviendas teño os seguintes datos: Tabla de dependencias ou habitacións incluida a cociña:
Total casas vivenda analizadas: 81 Nº de edificios que son bodegas, pallar, telar ou cadras únicamente: 26. Total : 107 edificios. Vese que o máis normal e ter catro dependencias. Resulta chocante que o Xurado provincial a vista dun 3% de casas cunha soia dependencia xeneralice de forma incrible. En canto os planos nos interiores das vivendas vou a distinguir tres casos según teña escaleira exterior, escaleira interior ou non teña escaleiras (pallar, adega, alpendre ou outra) Esta é a estadística do que atopei:
Deduzco claramente que o que máis abundaba en Alberguería eran as casas con escaleira exterior de pedra. Plano que máis se ve nas casas de Alberguería:
Tipo de material usado para dividir as habitacións:
O dito, a división máis vista era a de barrotillo con morteiro de barro ou cal. Básicamente é o chamado pallabarro, que era un sistema de tradición medieval; a trama facíase con cangos os máis fortes eran os verticais e logo enlazaban os outros. Os ocos entre a madeira ibase cubrindo con barro ou con cal. Era normal poñer clavos ou puntas na madeira para que logo pegase mellor o barro. O típico. Moitas das casas sobre un 40% teñen cieloraso de tablillas, noutras falta. A mais das veces a estructura inferior da cuberta vai ó aire. Sin embargo en Alberguería un 40% tiñan un teito que cubría todas ou algunhas habitacións. O teito nas que o tiñan consistía nunha serie de pontóns que se poñen debaixo das trabes e que logo se calean ou se pintan, indan que moitas quedaban co seu aspecto natural. Esto por suposto non se facía na cociña.
A parte máis importante da casa: A cociña. Efectivamente a parte máis importante do interior da casa era a cociña. Polo que vexo nas fichas únicamente se fala dela cando a cociña se sae do común que é cando hai cociñas tipo Bilbao, a clásica cociña de ferro ou cando hai, como se da en varios casos azulexos, que é algo totalmente fora do común por aqueles anos. Cociña de tipo Bilbao (hoxe xa as teñen moitas casas de campo ou chalets, pero en 1950 había moi pouca xente que as conocera) había unhas cantas en Alberguería nos anos 1950-1958. ¡Menudo pobo!.
O típico das casas é a lareira. A lareira podía ser simplemente unha laxes sin erguer do chan ou ben varias formando un rectángulo situadas por riba do nivel deste. Algunhas tiñan chimenea e outras non. o normal é que o fume fora saíndo pouco a pouco polas fendas, portas e ventás.
No vou describir como era a lareira xa que non o sei, non figura no traballo, pero preguntarei no seu día...seguro que había de todo. A xente de Alberguería era moi adiantada, cada día estou máis convencido. Por suposto tamén había chemineas. ¡En Alberguería había de todo!.
A cociña tradicional foi sustituida en algunhas casas polas cociñas tipo Bilbao, a clásica cociña de ferro e convencional. En Alberguería había unhas cantas xa no ano 1958. Na cociña estaba a maiores os tallos, os escanos, bancos, mesa, alzadeiro. Tamén había unha pía de pedra cun burato que comunicaba co exterior. Nesta pía fregábanse os pratos. A auga traíase da fonte. Inda que hai que decir que algunhas casas tiñan auga corrente. Pero non era o normal. É falso tamén o que dicen o Xurado Provincial de expropiación nunha circular que mandou a todos os veciños de Alberguería "...Se comprende que en este tipo de construciones no existan instalaciones sanitarias, ya que el (pobre) pueblo es pobre en agua y aunque tiene alguna casa pozo propio, carece de instalación y por tanto de W.C....". El pueblo no era pobre en agua había moitas fontes (6 no pobo e 16 nas inmediacións do pobo) e estaba rodeado de dous regatos (o regato de Prado da Fonte tiña auga todo o ano). Estos señores do Xurado de E. de Ourense...sin comentarios. En canto os W.C. soio se cita en algunhas casas. Moitas casas tiñan desván ou sobrado que normalmente era unha soia habitación.Tamén se usaba de secadeiro. As división interiores, das que tamén tomei nota en tódalas casas, son, a maioría, de tablas de madeira e tamén de palla - Barro. As portas eran de castaño e bastante ben feitas na súa maioría. No pobo había varios carpinteiros que traballaban moi ben a madeira. Terrenos sobrantes ou colindantes. A horta. Non todos tiñan terrenos a carón da casa, pero máis da mitade sí, os terrenos estaban entre 4 e 60 m2.
No conxunto das casas tamén se ven: palleiras, bodegas, poleiros e palomares. En Alberguería había de todo:
Moitas casas tiñan a parte das cadras: pozo, forno, leñeira e na cociña secadeiro de castañas.
Ata aquí o análise dos tipos de vivendas de Alberguería.
|
A CASA TÍPICA DE ALBERGUERÍA
|
Bibliografía usada no traballo anterior:
| As construcións populares: un tema de
etnografía en galicia. Begoña Bas. Cuadernos
do Seminario de Sargadelos. 44. 1983. A casa. Xoaquín Lorenzo Fernández. Editorial Galaxia. 1982. Enciclopedia temática de Galicia. Tomo de Antropología: Arquitectura popular. Pedro de Llano Cabado. .-Notas recollidas polos arquitectos encargados de Moncabril S.A. de levantar planos para facer as Expropiacións das vivendas do pobo de Alberguería en 1958. Mostra usada na estadística:
|
| Nota importante:
O presente traballo está basado simplemente nos apuntes tomados polos arquitectos e peritos que levantaron acta para facer a expropiación forzoza das casas de Alberguería no ano 1958, con motivo do encoro de Prada e o asolagamento total do pobo de Alberguería. Nesas fichas figura o plano das vivendas e unha fotografía que se adxunta a este traballo. Non me basei nos interrogatorios orais que penso facer cos meus veciños do corazón de este pobo. Polo tanto no futuro irei completando e correxindo este primer traballo que por suposto seguro que tera algún erro, inda que coido que non sexan importantes.
|