|
|
|
Neste dibuxo, sacado do Google Earth, está situado o pobo actual de Candeda. S. Miguel de Candeda. Candeda é unha parroquia do Concello de A Veiga (Ourense), que xustamente queda o sur de Albergueria. Alberguería estaba situada a pouco máis de 2.500 metros. Por outra banda inda que non parece Alberguería tiña un trociño de terra que lindaba con Candeda. Hoxe esa terra é de Prada dende que Alberguería quedou asolagada. Ver o mapa.
Hoxe estas son as parroquias do Concello de A Veiga.. Actualmente Candeda é un pobo marabilloso con moito que ver o seu carón. Esto era o que contaba Madoz de San Miguel de Candeda:
Candeda tiña no 2004 unha poboación de 18 veciños, para un total de 4,52 Km2 (O concello tiña nesa época 1.318 habitantes e un total de 290,45 Km2.). Hai que pensar que dende principio do século XX o Concello de A Veiga perdeu o 80% da población. En 1999 tamén tiña 18 habitantes. Repito o que dixen para Prada. En 1900 a Veiga tiña 6.977 habitantes. En 1950 6.357 hab. En 1991 soio 1.741 Hab. E cada vez menos. As explicacións desta perda está clara, a emigración galopante da zona, o movemento natural negativo, o avellentamento actual e a falta de recursos ou mal enfoque dos mismos. Na miña opinión, insisto, a zona é marabillosa, a gran descoñecida de Galicia e cuns recursos turísticos que hai que explotar con intelixencia e sin afectar o entorno que é o que hai. Fonte do anterior: Galicia en comarcas. Valdeorras. Ir indo. 2005. |
|
Na fotografía de Jose Carlos Álvarez (un trociño dunha fotografía panorámica) vese a súa situación o Sur de Albergueria, limítrofe con Meda e si non fora polo encoro con Corexido entre outros..
Candeda dende o catamarán. Fotografía de Rosa C. Barrio.
Iglesia de Candeda. Fotografía de Logio.
Candeda. Fotografía de Grobas. |
|
|